A aplicación Google Home permíteche aproveitar ao máximo Gemini para Google Home.
Fai un seguimento da casa cunha soa ollada
A aplicación Google Home móstrache o estado da túa casa e mantente ao tanto para que non perdas ren.
Non perdas de vista nada importante
O deseño actualizado e o sistema de organización optimizado axúdanche a agrupar os dispositivos en diferentes paneis de control, o que che permitirá navegar facilmente entre as opcións de configuración. Ademais, podes botarlle un ollo á casa cando queiras.
Revisa rapidamente os eventos detectados pola cámara
A visualización en directo da cámara e a interface do historial fan que consultar calquera cousa que aconteza sexa máis doado ca nunca.
Fai buscas ou preguntas sobre a túa casa
Controla o teu fogar dun xeito totalmente novo. Só terás que dicir o que queres que fagan os dispositivos con Gemini para Google Home.
*Algúns produtos e funcións poden non estar dispoñibles en todas as rexións. É necesario utilizar dispositivos compatibles.
Última actualización
14 de out. de 2025